Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO TRASLADA Á XUNTA A NECESIDADE DE ERRADICAR PLANTAS EXÓTICAS INVASORAS NUN ESPAZO DA REDE NATURA DA COSTA ÁRTABRA
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, incidiu na importancia de retirar estas especies, que se atoparon "en gran cantidade"
Narón, 26 de abril de 2022. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, remitiu un escrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, concretamente á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, advertindo sobre a aparición de “helichrysum petiolare”, unha especie invasora, en espazos da Rede Natura do termo municipal naronés. Galego insta a través do escrito á administración autonómica a adoptar as medidas oportunas para eliminar esta especie, indicando as coordenadas nas que se atopou “en gran cantidade”. O edil naronés recordou que segundo o documento de Plantas invasoras de Galicia feito público dende a administración autonómica –Bioloxía, distribución e métodos de control- é necesaria a súa eliminación mecánica. A maiores requeriu información sobre as medidas precisas para eliminar esa especie por parte da Xunta, ao ter as competencias na materia. Finalmente, Galego solicitou no escrito remitido á Xunta que aclare as medidas que se poderían trasladar á cidadanía co fin de colaborar na eliminación desta especie, no caso de que fose posible esa colaboración e non supuxese problema algún para os traballos que se acometan dende a administración.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal