Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INVESTIRÁ MÁIS DE 750.000 EUROS NO BARRIO DE PIÑEIROS
Entre as actuacións previstas inclúese a reforma do Local Social, e a reurbanización das rúas Rio Seco, San Pedro, Vespasante, Foxo, San Benigno e o Camiño Real.
Narón, 3 de Marzo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, reuníuse onte coa directiva da Asociación de Veciños de Piñeiros dentro da rolda de contactos que está a manter co movemento veciñal de tódalas parroquias. O rexedor aproveitou a xuntanza para informarlles das inversións, obras e servizos que levará a cabo o Concello durante o ano 2010 neste barrio. Así, o goberno municipal ten previsto realizar actuacións nos seguintes lugares: Camiño Real, rúa Rio Seco, rúa San Pedro, rúa Vespasante, rúa Foxo, rúa San Benigno, e local social de Piñeiros. En total, as inversións contempladas suman 758.022 euros. No Camiño Real levarase a cabo unha obra de pavimentación de 520 metros, comprendidos entre a vía de FEVE e os institutos, incluíndo tamén as rúas transversais. O prazo de execución dos traballos é de dous meses, e o orzamento previsto ascende a 23.661 euros. Tamén nas rúas Río Seco e San Pedro levarase a cabo a renovación do aglomerado, investindo entre as dúas un total de 13.347€. Outra das actuacións contempladas neste proxecto de urbanización do barrio de Piñeiros é a reposición das instalacións de abastecemento, saneamento e pluviais da rúa Río Vespasante, presupostada en 183.362 euros. Aquí está prevista a renovación da rede e acometidas de abastecemento e saneamento, a instalación da rede de pluviais, a substitución da plaqueta das beirarrúas por outro modelo similar ó da Estrada de Castela e adaptación das mesmas á normativa de accesibilidade para minusválidos, e a renovación da sinalización vertical e horizontal da rúa. O prazo de execución é de tres meses. Na rúa Rio Foxo, o Concello proxecta unha actuación similar, repoñendo as instalacións de abastecemento, saneamento e pluviais da mesma, sustituíndo a plaqueta e renovando a sinalización vertical e horizontal da rúa. A obra conta cun orzamento de 149.904 euros e un prazo de execución de tres meses. A reforma do local social de Piñeiros é outra das actuacións que levará a cabo o Concello neste barrio, cunha inversión de 295.351 euros e un prazo de execución de 6 meses. As obras teñen como finalidade a reparación, reordenación do espazo e melloras de accesibilidade neste local, construido fai 25 anos e que actualmente alberga numerosas asociacións e diversas actividades, que fan necesarias estas reformas. O edificio ocupa en planta 320 metros cadrados, repartido en dúas prantas e baixo cuberta. Na pranta baixa, realizarase unha nova distribución do espazo, cambiando o ambigú e o emplazamento de aseos, almacéns e novos locales para actividades , demolendo as actuais escaleiras para construir unhas novas e instalar un ascensor. Na primeira pranta se executarán labores de mantemento, pavimentos, alicatados e revestementos, habilitando tamén novas escaleiras para acceder ó baixo cuberta. Neste piso se eliminarán as claraboyas e se construirá unha nova cuberta sinxela de chapa lacada, e se colocarán novos canalóns exteriores. No exterior do edificio se demolerá a actual rampa, que non responde ás necesidades iniciais, en un futuro se ubicará neste lugar un parque infantil ou biosaludable –aínda por decidir- e se repararán as beirarrúas. Tamén se levará a cabo no exterior do edificio un tratamento de monocapa e pintura xeral. A actuación complétase cun novo alumeado, a instalación dun sistema de alarma, a colocación dunha rede de comunicacións, e a construcción de carpintería interior de madera. Finalmente, a última actuación contemplada polo Concello nesta parroquia é a reposición de instalacións de abastecemento, saneamento e pluviais da rúa San Benigno, presupostada en 92.397 euros e cun prazo de execución de tres meses. Ademáis da renovación da rede e acometidas, instalarase unha nova rede de pluviais e, ó mesmo que nas rúas anteriores, se sustituirá a plaqueta e se renovará a sinalización viaria.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal