Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPOU NA ACTIVIDADE CELEBRADA NO PAZO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPOU NA ACTIVIDADE CELEBRADA NO PAZO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
Uns 650 nenos e nenas acudiron á convocatoria organizada dende o Consistorio naronés e que tamén presenciaron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 28 de abril de 2022. O Concello de Narón organizou unha actividade dirixida a alumnado de primeiro e segundo curso de Primaria dos colexios públicos e concertados de Narón para conmemorar o Día Internacional da Danza. Ás 11.00 horas o Pazo da Cultura acolleu o espectáculo GAIA, que puideron ver alumnas e alumnos dos colexios naroneses, con entrada de balde e cuxo desprazamento dende os centros e de regreso abonou o Consistorio, e tamén dun centro de ensino de Pontedeume. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse ao Pazo para presenciar o espectáculo, unha proposta na que as nenas e nenos tiveron a oportunidade de interactuar.
No caso de Narón acudiron escolares dos CEIP Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros e A Solaina, dos CPR Santiago Apóstol e Jorge Juan, do CPI do Feal, e do Escola do Val do CRA de Narón, se ben no de Pontedeume procedían do colexio Couceiro Freijomil. En conxunto, presenciaron a actuación unhas 650 alumnas e alumnos dos citados centros, dos que preto de 600 eran de Narón.
O espectáculo, a cargo da compañía Entremáns aborda o tema do cambio climático e do planeta Terra e está recomendado pola Rede Española de Teatros, Auditorios e Circuítos e Festivais de Titularidade Pública. GAIA está tamén incluído no Circuíto Danza a Escena 2019 e consiste, tal e como indican dende a propia compañía, “nun percorrido singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza nos axudan a descubrir e comprender a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e os seus tesouros naturais”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal