Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A EXPOSICIÓN "XEITOS" IMPULSADA POLO GRUPO BAZÁN
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A EXPOSICIÓN
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que a mostra permanecerá aberta do 3 ao 31 de maio, ambos incluídos
Narón, 29 de abril de 2022. A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal acollerá dende o vindeiro martes, día 3, ata o 31 de maio, a mostra “Xeitos”, integrada por unha colección de 34 fotografías realizadas por dezasete autores e autoras do Grupo Bazán. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que a exposición se poderá ver de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00.
Alejandro Martínez, Antonio Carrete, Bea Rodríguez, Carlos Cruz, Chus Villamar, David Souto, Fer Cendán, Fran Suárez, Gelis López, José Amigo, Luis Losada, Luz González, Marcos García, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Pepe Botella. Todos eles forman parte do Grupo Bazán, unha entidade con máis de catro décadas de historia que contribúe a promocionar o deporte e a cultura e que creou a sección de fotografía no ano 1994. Durante este tempo o grupo foi desenvolvendo diversas actividades –cursos, debates, exposicións…-, formou a numerosas persoas e difundiu a cultura fotográfica na comarca de Ferrolterra.
Taibo animou ás veciñas e veciños a acudir a ver as fotografías desta mostra, destacando o traballo do Grupo Bazán. Para consultar máis información pódese consultar a web: www.grupobazan.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal