Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA RETOMOU HOXE "ESPAZO VIVO", UN PROGRAMA DE VISITAS DIDÁCTICAS POLAS INSTALACIÓNS DO PAZO
O PADROADO DA CULTURA RETOMOU HOXE
Un grupo de escolares do CPR Jorge Juan participou esta mañá na primeira das visitas ás instalacións, tal e como informou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro
Narón, 29 de abril de 2022. O Padroado da Cultura retoma as visitas “EsPazo Vivo” ao Pazo da Cultura, impulsadas a través do programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola e organizado en colaboración co Servizo Sociocomunitario Municipal. Máis dun centenar de persoas acudirán a estas visitas dende hoxe ata finais de maio. Na xornada de hoxe deron comezo cun grupo de 23 menores de segundo curso da ESO do CPR Jorge Juan, que chegaron ao Pazo ás 10.00 horas e estiveron ata as 13.00. “Estas visitas están pensadas para que os escolares de Narón coñezan todos os espazos do Pazo da Cultura e, ao mesmo tempo, explicarlles que é o que se fai en cada un deles e nas diferentes escolas do Padroado”, explicou a alcaldesa e presidenta do citado organismo, Marián Ferreiro.
Os rapaces e rapazas visitan as aulas de música do Pazo, donde reciben información sobre os instrumentos; de baile tradicional, cunha pequena clase sobre esta disciplina; canto e pandeireta, tamén cun apartado práctico; de teatro… No seu percorrido polas instalacións, os menores tamén baixan ao escenario e coñecen como funcionan, por exemplo, os equipos de iluminación, para rematar a visita no Café Teatro. “Trátase de visitas que se adaptan á idade das nenas e nenos, para que en función da mesma poidan aproveitar ao máximo toda a información que se lles traslada e, nalgúns casos, cubrir un caderno a medida que avanzan na visita para descubrir unha clave final”, apuntou a alcaldesa.
As vindeiras visitas programadas en “EsPazo Vivo” terán lugar o vindeiro mes de maio, o día 18 acudirá alumnado do curso do Programa de Inclusión social de Mulleres; os días 23 e 27 alumnado do CPR Jorge Juan, de primeiro e segundo curso de Primaria, respectivamente, e o 30 escolares de quinto de Primaria do CEIP Ponte de Xuvia. En todos os casos as visitas desenvolveranse de 10.00 a 13.00 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal