Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INAUGURADO NA PRAZA DA GÁNDARA O MONUMENTO Á MULLER
INAUGURADO NA PRAZA DA GÁNDARA O MONUMENTO Á MULLER
A Concelleira de Igualdade deu lectura á Declaración Institucional en conmemoración do Dia Internacional da Muller Traballadora.
Narón, 8 de Marzo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, descubriron hoxe a escultura instalada na Praza de Gándara e creada para homenaxear á Muller. A inauguración levouse a cabo na mañá de hoxe, coincidindo coa conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

A citada escultura está instalada nunha pequena praza ubicada á súa vez na Praza da Gándara, e o seu creador é o artista catalán David Pérez Marín, hoxe presente no acto. Trátase dunha figura coa que poden identificarse tódalas féminas de Narón dada a súa forma simbólica e xenérica.

A Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, deu lectura á Declaración Institucional en conmemoración do Dia Internacional da Muller Traballadora e a Declaración de Cádiz. Este manifesto foi aprobado por unanimidade no Pleno do Concello de Narón, e recolle o compromiso da Corporación Municipal de promover unha participación equilibrada dos homes e mulleres en tódolos ámbitos da sociedade, e fomentar accións de corresponsabilidade no eido doméstico. Tamén inclúe a adhesión á Declaración de Cádiz para unha sociedade máis sostible e insta á Xunta a elaborar un Plan de Emprego para as mulleres, ademáis de promover accións para eliminar a violencia de xénero.

O acto concluíu cunhas verbas do Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, quen lembrou que “esta declaración institucional reflexa o que pensamos no Concello de Narón sobre as políticas de igualdade”. O rexedor foi máis lonxe ó lembrar a loita das mulleres pola igualdade no mundo laboral, e citou ás mulleres dos traballadores dos asteleiros públicos da antiga Astano e Bazán “que axudaron moito na defensa dos postos de traballo dos seus maridos”; sinalou Jose Manuel Blanco dous días antes da conmemoración do 10 de Marzo. O primeiro edil tamén tivo un recordo para as primeiras mulleres que se integraron na política unha vez instaurada a Democracia, encabezando as listas electorais no ano 1979 e abrindo camiño ás súas sucesoras.

No acto de hoxe tamén participaron representantes dos grupos políticos do Concello de Narón e membros do movemento veciñal naronés.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO DIA INTERNACIONAL DA MULLER
A conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, lonxe do carácter testemuñal, cerimonial ou anestisiante que algúns pretenden, ten un sentido reivindicativo e visualizador da situación de discriminación que padecen as mulleres en xeral, e as galegas en particular.

Coincide este ano 2010 con dúas efemérides importantes que non deben pasar desapercibidas. A primeira delas é o Centenario de Instauración do 8 de Marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. A segunda, o 125 aniversario pasamento de Rosalía de Castro, relevante no noso contexto nacional por recuperar a tradición escrita da nosa lingua, mais tamén por ser precursora do pensamento feminista na Galiza. A súa obra contén unha preocupación pola condición das mulleres e o seu papel na historia e na sociedade. Mais tamén unha denuncia do papel subordinado e discriminado das mulleres naquela altura.

A análise sobre a situación das mulleres na Galiza - ao igual que no resto do mundo – evidencia de igualdade real segue tendo plena vixencia. Todos os indicadores evidencian a persistencia da discriminación de xénero.

A nivel laboral, as mulleres padecen taxas de paro moi elevadas, unha maior temporalidade e precariedade e cobran salarios inferiores. Unhas condicións que empeoran como consecuencia da crise económica. Tanto polo que supón a destrución de emprego, como polos recortes a nivel de dereitos laborais, que repercutirán negativamente nunhas condicións laborais xa precarias.

As discriminacións de xénero non se evidencian só no terreo laboral, o desigual reparto das tarefas derivadas do coidado e as reprodutivas é outro indicador relevante. Así todos os estudos revelan que son maioritariamente as mulleres que asumen estas tarefas, con consecuencias negativas no seu desenvolvemento persoal e laboral. Son maioritariamente mulleres quen abandonan os seus postos de traballo ante a necesidade de atender a menores ou persoas dependentes, quen utilizan os – escasos - recursos de conciliación da vida laboral e persoal, quen son penalizados no acceso ao emprego remunerado nos períodos “potencialmente” reprodutivos… Unha situación inxusta que precisa de accións correctoras.

Noutro orden de cousas, recentemente celebrouse na cidade de Cádiz o II Cumio Europeo de Mulleres no Poder, coincidindo coa presenza Española da Unión Europea, e a instancias dos gobernos de España e Reino Unido. Así, se aprobou a xa coñecida como “Declaración de Cádiz, Cara a unha sociedade máis eficaz e sostible” subscrita por ministras e líderes políticas dos Estados membros da UE.

Unha das conclusións foi a de ser conscientes de que en tempos de crise aparecen oportunidades para o cambio, xa que a igualdade entre mulleres e homes é unha condición previa para o crecemento sostible, o emprego, a innovación, a competitividade e a cohesión social.

Quedaron perfectamente definidos os compromisos da Comisión Europea de cara ao 2010 respecto da promoción da igualdade e a adopción de estratexias que reempracen a actual folla de ruta.

A participación e a representación das mulleres nos niveis máis altos de responsabilidade e toma de decisións é escasa, especialmente no eido da economía e da política. Así, o aumento do nivel formativo das mulleres non se corresponde ca súa presenza nos espazos de toma de decisións, incluídos os postos directivos das grandes empresas e aqueles nos que se xera novo coñecemento. Este déficit de representación supón, ademais dun déficit democrático, unha perda de talento das mulleres para o conxunto da sociedade, especialmente no xa comentado contexto de superación da crise económica e financeira.

O acceso de máis mulleres a postos de decisión política favorece a incorporación da igualdade en todas as accións dos gobernos e o acceso de máis mulleres a postos de decisión económica contribúe, non so a promover a igualdade senón tamén a acadar os obxectivos en materia de crecemento sostible, emprego, competitividade, excelencia científica e cohesión social.

Aínda que se teñen adoptado medidas, e necesario continuar avanzando para acadar unha igualdade real e efectiva para todas as mulleres e homes, tamén como resposta sostible para os retos do futuro, especialmente aqueles que se deben encarar na vindeira década.

Por todo o exposto o Concello Pleno de Narón acorda:

• O Concello de Narón comprométese a traballar para asegurar unha participación equilibrada de mulleres e homes en espazos de responsabilidade desta entidade local.

• O Concello de Narón continuará a desenvolver accións de sensibilización necesarias para promover a corresponsabilidade de mulleres e homes no eido doméstico.

• Dende este Concello se incorporará a dimensión de xénero en todos os Plans, Programas e demais actuacións que se poñan en marcha dende o ente local, como resposta á crise económica, financeira e de emprego, tendo en conta o distinto impacto que esta ten en mulleres e homes.

• O Concello de Narón adhírese á “Declaración de Cádiz, cara a unha sociedade máis eficaz e sostible”, subscrita por ministras e líderes políticas dos Estados membros da UE.

• Realizar actos de conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional das
Mulleres, que impliquen a sensibilización social sobre a discriminación das mulleres, comprometendo ao conxunto de veciños e veciñas, asociacións e entidades deste concello.

• Realizar ao longo deste ano actos que promovan a difusión masiva da obra e vida de Rosalía de Castro, resaltando, tanto o seu papel na dignificación e recuperación da lingua galega, como no contido feminista da súa obra.

• Instar á Xunta de Galiza a posta en marcha a seguinte actuación:

 Elaboración dun Plan de Emprego para as Mulleres, que incida na incorporación das mulleres ao emprego remunerado, que recolla medidas concretas para garantir o principio de a igual traballo igual salario, que incorpore liñas específicas para atallar a discriminación das mulleres nos ámbitos produtivos (labregas, mariscadoras, redeiras,..) nos que hai unha importante presenza feminina.
 Desenvolvemento das actuacións previstas na Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero.

• Darase traslado deste acordo ao Parlamento de Galicia, ao Ministerio de Igualdade e ao Parlamento Europeo.


Narón, 25 de Febreiro de 2010






Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal