Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ O VINDEIRO LUNS NA PARROQUIA DE XUVIA
A unidade estará operativa en horario de mañá, de 9.30 a 14.30, na estrada de Castela, nas proximidades do Xulgado de Paz
Narón, 7 de maio de 2022. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o vindeiro luns, día 9, á cidade. O vehículo permanecerá estacionado na estrada de Castela, á altura do Xulgado de Paz de Xuvia, donde estará operativo de 9.30 a 14.30 horas, segundo avanzaron dende ADOS. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal