UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ O VINDEIRO LUNS NA PARROQUIA DE XUVIA
A unidade estará operativa en horario de mañá, de 9.30 a 14.30, na estrada de Castela, nas proximidades do Xulgado de Paz
Narón, 7 de maio de 2022. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o vindeiro luns, día 9, á cidade. O vehículo permanecerá estacionado na estrada de Castela, á altura do Xulgado de Paz de Xuvia, donde estará operativo de 9.30 a 14.30 horas, segundo avanzaron dende ADOS.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.