Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ MAÑÁ A GLORIETA DE FREIXEIRO DE COR VIOLETA PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO LUPUS
O Consitorio naronés súmase á proposta da Asociación Galega de Lupus (AGAL) para dar visibilidade a esta doenza e sensibilizar á poboación
Narón, 9 de maio de 2022. A glorieta de Freixeiro permanecerá iluminada a noite de mañá de cor violeta con motivo do Día Mundial do Lupus. O Concello súmase así á proposta da Asociación Galega de Lupus (AGAL) para sensibilizar á poboación sobre esta doenza e conmemorar simbolicamente esta data. AGAL é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con lupus e as súas familias, ás que ofrece apoio moral, psicolóxico, físico e educativo, ademais de apostar por promover a inserción social das persoas afectadas por esta doenza. Dende a entidade subliñan a importancia de dar a coñecer a enfermidade para contribuír a un diagnóstico precoz e evitar os seus efectos colaterais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal