Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "TELETRABALLO, REUNIÓNS EN LIÑA E CAPACITACIÓN ONLINE" E OUTRO DE "DESEÑO GRÁFICO CON CANVA" NA AULA CEMIT DE XUVIA
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que se ofertan un total de doce prazas para cada curso
Narón, 9 de maio de 2022. A Aula Cemit de Xuvia acollerá dous cursos, un sobre “Teletraballo, reunións en liña e capacitación online” e outro de “Deseño gráfico con Canva”. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou da apertura, hoxe, do prazo de inscrición, de balde, nestas accións formativas a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia. As prazas dispoñibles, doce para cada unha das convocatorias, cubriranse por rigorosa orde de inscrición. O curso de “Teletraballo, reunión en liña e capacitación online” ofrece un total de 12 vacantes e impartirase do 19 ao 27 de maio en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Xestión do correo, tarefas e axenda dixital, reunións en liña (teams, zoom e Googlemeet), almacenamento na nube, mensaxería a tempo real e xestión de proxectos en liña con Trello son os temas que se abordarán nas 28 horas de duración desta acción formativa. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo dende hoxe a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38742. A outra opción é un curso de “Deseño gráfico con Canva”, de 32 horas de duración e tamén con 12 prazas. As sesións impartiranse do 19 ao 30 de maio en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas e o contido inclúe entre os temas: edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño con formato personalizado, creación de logotipos, infografías, menús para restaurantes e cafeterías, cabeceiras para Youtube, miniaturas, pósters, publicacións para redes sociais e tarxetas profesionais. Aquelas persoas que desexen anotarse terán que inscribirse no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38741.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal