Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMOROU HOXE O DÍA INTERNACIONAL DA FIBROMIALXIA E A FATIGA CRÓNICA
Integrantes da corporación local sumáronse aos actos conmemorativos, entre os que se incluíron propostas dirixidas á cidadanía en xeral impulsadas en colaboración coa asociación Affinor
Narón, 12 de maio de 2022. O Concello conmemorou hoxe o Día internacional da Fibromialxia e a Fatiga crónica cunha serie de actos organizados en colaboración coa asociación Affinor. Esta mesma noite a glorieta de Freixeiro permaneceu iluminada de cor morado, o representativo da fibromilaxia, e tamén se difundiu a pancarta conmemorativa desta data, que se colocará uns días no Concello e coa que sacaron unha imaxe integrantes da corporación local coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte. A maiores, dende o Consistorio e Affinor impulsouse unha iniciativa para editar un vídeo con imaxes nas que se difundisen mensaxes de apoio ás persoas que sofren esa doenza. “Apoio á investigación”, “A miña dor non se ve pero existe”, “Por unha diagnose precoz”, “A fibromialxia precisa máis visibilidade”, “Coidarse é saúde”… e na que participaron tamén representantes da corporación local, veciñanza da cidade e integrantes de Affinor e outras asociacións. Dende o Concello agradeceuse a implicación de todas as persoas que se sumaron a esta iniciativa e avanzouse que o vídeo se poderá ver hoxe no Facebook do Concello de Narón. Na web do Consistorio tamén se respalda ao colectivo cun espazo propio para dar visibilidade ao colectivo e con material descargable para todas aquelas persoas que queiran sumarse aos actos do Día Internacional da Fibromialxia e a fatiga crónica.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal