Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PARTICIPOU NA CUESTACIÓN DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO REALIZADA NA CIDADE
Marián Ferreiro participou na iniciativa, que este ano se levou a cabo no interior das instalacións do Centro Comercial Narón
Narón, 12 de maio de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participou esta mañá na cuestación impulsada pola Asociación Española Contra o Cancro co fin de incrementar a supervivencia nas persoas que padecen esta enfermidade. “Fai da loita contra o cancro a túa bandeira” é o lema da convocatoria, a través da que se solicitan doazóns para impulsar a investigación oncolóxica. Traballadoras e traballadores da AECC e persoal voluntario colaboran na iniciativa, informando á cidadanía sobre o traballo da asociación. No caso de Narón, o punto da Asociación Española Contra o Cancro instalouse no interior do Centro Comercial Narón, no Alto do Castiñeiro. Dende o colectivo indicaron que se pode doar a través da páxina: dona.contraelcancer.es e tamén a través de Bizum, co código 11244 e o concepto “Coruña”. A campaña difúndese nas redes sociais utilizando o hashtag: #BanderaContraelCáncer. Ferreiro eloxiou o labor que desenvolve a Asociación Española Contra o Cancro coas persoas que padecen esta enfermidade e tamén coas súas familias e destacou a importancia de “colaborar sempre que sexa posible para que se destinen máis fondos á investigación oncolóxica e alcanzar o reto da AECC dunha supervivencia do 70% no ano 2030 e, no caso de ser posible, que esa porcentaxe sexa moito maior”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal