Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLAN DE PROXIMIDADE LOCAL DO CONCELLO DE NARÓN PROPÓN UNHA VINTENA DE PROXECTOS PARA DESENVOLVER NA CIDADE
O concelleeiro de Promoción Económica, David Pita, avanzou algúns dos proxectos que se propuxeron no marco desta iniciativa impulsada dende o Concello
Narón, 13 de maio de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá no Concello os resultados do Plan de Proximidade Local do Concello de Narón. O presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, Ángel José Torreiro, e o presidente da Asociación de Veciños Chafarís, Manuel Suárez, acudiron á convocatoria, tras participar nas xornadas que se celebraron previamente para elaborar o estudo presentado. Pita iniciou a súa intervención destacando as vantaxes da economía de proximidade e a importancia que ten para os concellos. “É moi importante fomentar a economía local e certas actividades e servizos que fagan crecer á cidade e nesa liña xoga un papel fundamental este traballo, do que quero agradecer a colaboración que recibimos por parte de todas as persoas que participaron no mesmo”, indicou o edil naronés. Un dos aspectos sobre os que afondaron na falla de desenvolvemento do sector primario na cidade e tamén nos efectos da pandemia, que nese ámbito permitiron incrementar o senso de pertenza e colaboración, o que pode representar unha oportunidade para ofrecer máis apoio ao comercio e a produción local, tal e como se reflicte no estudo. O plan de dixitalización das administracións, o aproveitamento dos recursos naturais, a cooperación, o I+d+i… marcan as liñas estratéxicas a seguir no ámbito da economía de proximidade. A implantación de mercados municipais para incrementar os proveedores locais, a promoción de campañas de sensibilización cidadá para fomentar o consumo local e a fidelización dos produtos locais son tres desas liñas estratéxicas recollidas no estudo presentado hoxe. Finalmente, Pita recordou algúns dos proxectos que se propuxeron no marco desta inciativa, como: un mercado de produtos de proximidade, unha plataforma de proveedores locais, campañas de fidelización dos consumidores locais, empresas de loxística local, a creación dunha comercializadora de produtos do campo e un circuíto rural de experiencias culturais.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal