Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRARÁ A VINDEIRA FIN DE SEMANA A PRIMEIRA EDICIÓN DO MERCADO CELTA DE PEDROSO
A cita será nas inmediacións do local social da Pombiña, tal e como avanzaron o edil de Feiras, Santiago Galego, e o coordinador do equipo que colaborou na organización, Iván Niebla
Narón, 13 de maio de 2022. A parroquia de Pedroso acollerá a vindeira fin de semana, os días 20, 21 e 22, a primeira edición dun Mercado Celta. O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentou o evento esta mañá xunto con Iván Niebla, veciño de Pedroso que coordinou ao colectivo que colaborou na organización do evento. Galego avanzou que o mercado que inclúe unha gran variedade de propostas musicais, representacións, acrobacias e tamén contará cunha vintena de postos artesáns, de alimentación, xoguetes de madeira, sacos térmicos, babuchas, etc. A cita será nas inmediacións do local social da Pombiña, donde antigamente se localizaba un castro celta, motivo polo que se organiza este mercado “para non esquecer o noso pasado nin as nosas raíces”, apuntou Galego. O Mercado Celta abrirá o venres ás 18.00 horas e sobre as 18.30 dará comezo un pasarrúas con “Os Brinqueiros”. Ao longo da tarde-noite haberá un percorrido de Faunos polo mercado, música, acrobacias e un espectáculo de circo e lume ás 22.00 horas pechará a programación da primeira xornada. O sábado 21 o mercado reabrirá ás 11.00 horas e a música, xigantes e guerreiras, unha meiga e o seu aro máxico centrarán a programación matinal, que se desenvolverá ata as 14.00 horas, cando será o momento da “Hora do buen yantar”. Pola tarde a actividade retomarase ás 17.30 horas coa apertura dos postos do mercado e regresará a música de tambores e gaitas e a de “Os Brinqueiros”, os espectáculos co “Minotauro e a bruxa blanca”, o paseo dos Faunos e ás 22.15 horas será o conxuro á lúa, con lume e acrobacias para despedir a xornada. Finalmente, o domingo o mercado estará aberto pola mañá dende as 11.00 ata as 15.30 horas, con pasarrúas musical de “Os Brinqueiros”, a benvida do xigante e a guerreira, o espectáculo de “A Meiga e o seu aro” e o paseo do “Minotauro e a bruxa blanca” para iniciar ás 14.15 a “Hora do buen yantar”. Pola tarde dende as 17.30 horas o mercado retomará vida e tamén haberá música, percorrido dos Faunos, acrobacias e outras propostas para iniciarse ás 22.00 horas un espectáculo de circo e lume, un pasarrúas musical e un espectáculo de despedida deste evento. A maiores, tal e como indicou Galego, instalaranse na zona atracións infantís, un espazo con mesas de xogo para nenas e nenos e poderase ver o traballo que realizan artesáns en diferentes oficios antigos, como talla de madeira, construción dunha gaita, etc. O concelleiro naronés agradeceu a implicación do colectivo veciñal que colaborarou na orgazización, que nos últimos dous meses construíu catro pallozas nas inmediacións do local social. Ademais, o edil convidou ás veciñas e veciños de Narón e comarca a visitar este Mercado Celta de Pedroso “que organizamos con toda a ilusión por primeiro ano nesta parroquia e co obxectivo de que teña unha boa acollida e poder darlle continuidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal