Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PROMOCIONA ESTA FIN DE SEMANA O TURISMO, A CULTURA E A GASTRONOMÍA LOCAIS NO STAND INFORMATIVO DE EXPOCIDADES EN FERROL
O CONCELLO PROMOCIONA ESTA FIN DE SEMANA O TURISMO, A CULTURA E A GASTRONOMÍA LOCAIS NO STAND INFORMATIVO DE EXPOCIDADES EN FERROL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, actuou de anfitriona durante o percorrido inaugural, no que tamén estivo presente o edil de Deportes, José Oreona
Narón, 13 de maio de 2022. O Concello de Narón participa en Ferrol cun expositor propio na sexta edición da Feira de Turismo Expocidades, na que se amosarán durante toda esta fin de semana os encantos turísticos e os produtos típicos da gastronomía das cidades e deputacións que integran o Eixo Atlántico. A convocatoria inaugurouse este mediodía, cun percorrido pola feira no que participaron representantes de concellos da zona, entre eles a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes da cidade, José Oreona.
No stand de información turística Narón-Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas ofrecerase aos visitantes completa información sobre a guía de turismo “Narón para os teus ollos”, as rutas “Pena Molexa-Monte da Lagoa”, “Ruta dos muíños”, o tramo do Camiño Inglés que discurre polo termo municipal, donde se dispón dunhas seiscentas prazas hoteleiras. No stand da cidade tamén se poderán ver vídeos promocionais e unha mostra de pemento do Couto, cedido pola Cooperativa do Val, o produto gastronómico con Indicación Xeográfica Protexida e cunha festividade propia na cidade que se conmemora no mes de xullo para exaltar as excelentes características deste produto.
Un ano máis nesta feira, que se celebra cada dous anos alternativamente en Galicia ou Portugal, ofrécese información dos recursos turísticos do Xeodestino Ferrolterra Rías Altas. En conxunto, ubicáronse na Praza de Armas, en Ferrol, unha trintena de casetas nas que se amosarán unha gran variedade de produtos, ao tempo que se celebrarán actividades e tamén se convocaron degustacións gastronómicas.
A feira pódese visitar hoxe ata as 21.00 horas e tamén o sábado de 13.00 a 22.00 e o domingo de 11.00 a 19.00 horas.
Ferreiro incidiu en que “este evento representa unha excelente oportunidade para que poidamos amosar aos visitantes información sobre recursos turísticos, eventos culturais, elementos patrimoniais, produtos gastronómicos… e, en definitiva, dar a coñecer que Narón é unha cidade moi acolledora e cun gran potencial a nivel turístico”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal