Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXPONARON 2010 SE CELEBRA DO 1 Ó 4 DE ABRIL NO PAVILLÓN DE PIÑEIROS
Trátase da I Feira Multisectorial de Narón, na que participarán empresas e comercios para dar a coñecer os seus productos.
Narón, 29 de Marzo de 2010.- A Concellería de Promoción Económica do Concello de Narón, dirixida pola edil Angeles Díaz, está a organizar a I Feira Multisectorial de Narón “Exponarón” que terá lugar do 1 ó 4 de abril no pavillón polideportivo de Piñeiros, con entrada de balde. Un total de 20 expositores daranse cita neste recinto, para amosar a súa oferta comercial, social e empresarial. Son os seguintes establecementos e entidades: Confeccións A Economía, O Zascandil, Club Autoclásicos Narón, Revolution Fitness Center, Temadi, Loxe, Imaxina, Reportajes Lux, Marian Novias, Aluminios Luma, Elliot Telecom, Aceco (Asociación de Constructores de Narón), Mármoles Roxal, Piedra Blanca, Cooperativa de O Val, Turismo de Narón, Neira Ortegal, A Mi Madera, Ferrolterra Movil, e a Asociación de Veciños de Piñeiros. Actividades paralelas á feira Dende o Concello –en colaboración coa empresa Eventi Narón- tense xa organizado un programa de actividades paralelas á feira, que inclúen degustacións gastronómicas gratuitas os tres primeiros días (xoves, venres e sábado) a cargo de dúas empresas de hostelería local: Restaurante Marcial e Panadería Santy. Os visitantes tamén poderán ollear unha exposición fotográfica sobre o municipio de Narón, e participar nos sorteos diarios dunha cámara de fotos dixital Olympus e dunha cea para dúas persoas no Restaurante Marcial e dous vales de compra na Panadería Santy. Ademáis a organización de Exponarón habilitará unha ludoteca infantil que funcionará de xeito permanente, para que tódolos nenos/as que pasen por Exponarón poidan entreterse ó mesmo tempo que os seus país/nais visitan a exposición dun xeito máis relaxado e distendido. Ademáis, os traballos e actividades que realicen os nenos/as na ludoteca serán expostos nun stand habilitado no pavillón polideportivo de Piñeiros, onde se celebrará Exponarón. A I Feira Multisectorial de Narón ten como finalidade a difusión do patrimonio empresarial e comercial propio de Narón. Exponarón pretende ser un pequeno muestrario das empresas de tódolos sectores do municipio (comercial, industrial e de servizos). O horario da feira será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, e o acceso ó público será totalmente gratuito. A Concellería de Promoción Económica colabora cos expositores subvencionando o 50% do coste do seu stand.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal