Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A COMPAÑÍA SARABELA TEATRO REPRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO A OBRA "MORGANA EN ESMELLE"
A COMPAÑÍA SARABELA TEATRO REPRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO A OBRA
As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es
Narón, 19 de maio de 2022. O teatro regresa de novo esta fin de semana ao Pazo da Cultura, coa representación este sábado ás 20.00 horas da obra “Morgana en Esmelle”, da compañía Sarabela Teatro. A cita, prevista inicialmente para finais do pasado mes de abril, pospúxose por motivos alleos ao Padroado da Cultura.
A premiada novela do mesmo nome editada no ano 2012 e escrita por Begoña Caamaño foi adaptada para compartir a visión do amor, a xustiza, a violencia, a morte, a liberdade, a opresión… que ten a autora do libro. As protagonistas son mulleres fortes e apaixoadas e na peza incidirase na necesidade de combater o sexismo e a discriminación históricas. Quico Cadaval, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Laura Míguez e Elena Seijo forman o elenco desta obra de teatro contemporáneo.
As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal