Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PUNTO VIOLETA DE NARÓN PERMANECERÁ MAÑÁ INSTALADO NA ZONA DAS FESTAS DE SANTA RITA DE XUVIA
O PUNTO VIOLETA DE NARÓN PERMANECERÁ MAÑÁ INSTALADO NA ZONA DAS FESTAS DE SANTA RITA DE XUVIA
A edil de Igualdade, Mar Gómez, avanzou as datas e ubicacións nas que se instalará o Punto Violeta, coincidindo coa celebración de diferentes eventos na cidade
Narón, 20 de maio de 2022. A celebración, esta fin de semana, das festas Santa Rita de Xuvia, levará ao Concello a ubicar nas inmediacións da zona o Punto Violeta itinerante de Narón, debido á concentración de xente que se prevé que se rexistrará nese núcleo da cidade. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, explicou que as persoas que atenden o servizo estarán operativas dende as 22.00 ata as 02.00 horas. A edil recalcou que a finalidade deste servizo é “implicar á sociedade en xeral na loita contra a violencia machista e, ao mesmo tempo, ofrecerlle asesoramento e información en materia de prevención e atención ante posibles casos desta lacra social”.
Gómez recordou que xa están pechadas outras datas para ubicar o Punto Violeta de Narón o día 28 de maio na rúa Cataluña, nas inmediacións do Centro Comercial Odeón, de 22.00 a 02.00 horas; o 3 de xuño de 22.00 a 02.00 horas na zona do paseo de Xuvia, con motivo da Concentración moteira Cidade de Narón e o 5 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas na zona do Feirón de Santa Icía, na Solaina.
O Punto Violeta de Narón púxose en marcha a través dunha subvención concedida polo Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género), tal e como recordou Gómez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal