Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E AGA ORGANIZAN UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS E UNHA DEGUSTACIÓN DE MEL PARA CELEBRAR O "DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS"
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, destacou que se trata dunha proposta informativa e con degustación de mel, de balde, incluída
Narón, 20 de maio de 2022. A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura organiza para este domingo, día 22, unha xornada de portas abertas con motivo do “Día Mundial das Abellas”. A cita, tal e como indicou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, terá lugar de 11.00 a 13.00 horas no local social da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, en Sedes, e está aberta á asistencia de público en xeral. As persoas que acudan, avanzou, terán a oportunidade de coñecer a importancia das abellas e polinizadores e como protexelos e ao rematar haberá unha degustación, de balde, de diferentes tipos de mel de Galicia. Galego recordou que a iniciativa se enmarca dentro das actividades que AGA Ferrolterra organiza a través do convenio de colaboración que mantén co Concello naronés. Dende AGA recordaron que continúa aberto o prazo de inscrición para asistir aos obradoiros sobre “Reciclado de cera e elaborado de láminas estampadas”, “Xabróns do apicultor” e “Elaboración de licores artesanais con mel” que se convocarán cando se acade un grupo mínimo de vinte persoas. Os obradoiros celebraranse as fins de semana pola mañá e teñen un prezo de 10 euros cada un para membros de AGA e veciñas e veciños de Narón e de 20 para o resto de participantes. A duración aproximada de cada un deles é de dúas horas e media e as inscricións tramítanse a través do teléfono 661 378 960 e do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal