Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TRAMO DA AVENIDA DE SANTA ICÍA CORTARASE AO TRÁFICO RODADO O VINDEIRO MARTES PARA COLOCAR A PASARELA PEONIL SOBRE A VÍA DO TREN
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que a medida é precisa para proceder a colocar a pasarela peonil sobre a vía do tren nesa zona
Narón, 21 de maio de 2022. A avenida de Santa Icía permanecerá cortada parcialmente ao tráfico rodado na noite do vindeiro martes 24 ao mércores 25. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que explicou que a medida afectará dende as 23.30 horas do martes aos dous carrís de circulación, procedéndose a desviar o tráfico –debidamente sinalizado- polas rúas da Estación e Pai Sarmiento. Romero indicou que a restrición responde á necesidade de avanzar nas obras de instalación da pasarela sobre a vía do tren en Santa Icía, nas inmediacións do Pavillón Campo da Serra. “Está previsto que se coloque a estrutura na noite do 24 ao 25, polo que é preciso cortar o tráfico nesa zona”, apuntou, ao tempo que asegurou que “unha vez que a estrutura prefabricada estea fóra da góndola que a transportará procederase a reabrir un dos dous carrís de circulación, debido a que a grúa ocupará parte do outro mentres continúen os traballos e ata o remate dos mesmos”. O concelleiro naronés solicitou de antemán á cidadanía desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida, necesaria para a execución dos traballos pendientes na zona.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal