Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CELEBRARANSE ESTA SEMANA EN SAN XIAO E NO ALTO DO CASTIÑEIRO
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CELEBRARANSE ESTA SEMANA EN SAN XIAO E NO ALTO DO CASTIÑEIRO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que mañá se celebrará o encontro coa veciñanza de San Xiao e o mércores coa do Alto do Castiñeiro
Narón, 23 de maio de 2022. Os locais sociais de San Xiao e do Alto do Castiñeiro acollerán esta semana dous novos Consellos Territoriais de Participación Cidadá. As convocatorias programáronse para mañá e o mércores, respectivamente, e en ambos casos a partir das 18.00 horas, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García.
A edil naronesa será a encargada de presidir os encontros, nos que estará acompañada por outros representantes dos grupos políticos da corporación local e por persoal da Escola de Participación de Narón. Xuntos analizarán, xunto coas veciñas e veciños de San Xiao e do Alto do Castiñeiro, as actividades que programan nas asociacións das citadas parroquias no que resta de ano e tamén analizarán diferentes cuestións relacionadas coa actualidade municipal.
Este mes de maio celebrarase outro Consello Territorial, concretamente o día 31 na Gándara, a partir das 18.00 horas no local social. Os dous últimos, cos que se pechará o ciclo deseñado en todos os barrios e parroquias da zona urbana e rural da cidade, terán lugar no mes de xuño, o día 2 o de Santa Icía-A Solaina no local social de Virxe do Mar, ás 18.00 horas, e o día 3 en Castro, ás 19.30 horas no local social “O Paraxe”.
As persoas que desexen asistir deben confirmar previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias poden consultarse na web do Concello de Narón e nas redes da Escola de Participación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal