Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN DÚAS EDICIÓNS DUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN DÚAS EDICIÓNS DUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, destacou que se trata de dúas accións formativas válidas para traballar nos sectores da construción e do metal
Narón, 23 de agosto de 2022. O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición en dúas edicións dun curso de Prevención de Riscos Laborais (nivel básico). Esta acción formativa, tal e como indicou a concelleira de Formación, Natalia Hermida, diríxese a un máximo de 40 persoas (vinte por cada edición) que deben ser maiores de 18 anos, estar desempregadas, empadroadas en Narón e non ter concedido outro curso do Programa Municipal de Formación que coincida nas datas. As inscricións poderán presentarse dende mañá ás 8.30 horas ata o día 31 de maio ás 13.30 horas a través do Rexistro xeral do Concello, da Sede Electrónica de Narón –donde se poden descargar as inscricións- ou dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Hermida destacou que se trata de dúas accións formativas válidas para traballar nos sectores da construción e do metal.
O curso terá unha duración total de 75 horas (60 de Prevención de Riscos Laborais e as 15 restantes de módulos adicionais) que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As datas previstas para esta acción formativa son do 13 de xuño ao 7 de xullo a primeira edición e do 12 de xullo ao 2 de agosto a segunda, en ambos casos en horario de mañá, de 9.00 a 14.00.
Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo; Riscos xerais e a súa prevención; Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa; Elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais; Primeiros auxilios e módulos transversais de Igualdade de oportunidades, Orientación laboral e busca de emprego e Emprendemento forman parte dos contidos das convocatorias.
O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no rexistro e as persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse á web do Concello –www.naron.es- ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal