Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO "DEBUXAR TEXTOS E LER DEBUXOS CON FLORENCIO DELGADO"
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO
A actividade diríxese a persoas de todas as idades e desenvolverase o vindeiro sábado, día 28, na Biblioteca municipal, tal e como indicou a edil responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 24 de maio de 2022. A Biblioteca municipal abre esta tarde, ás 16.00 horas, o prazo de inscrición no obradoiro “Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado”, dirixido a público infantil (a partir de 6 anos), xuvenil e adulto e que impartirá Sheila García. A edil responsable da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que a actividade se levará a cabo este sábado ás 11.00 horas nas instalacións da Biblioteca municipal.
Os poemas de Florencio Delgado e a técnica dos caligramas permitirán descubrir aos participantes a importancia das artes como medio de expresión. Cada persoa deseñará a súa propia bolsa de tea, contribuíndo á sensibilización ambiental e á creación de conciencia en materia medioambiental entre os menores. A proposta enmárcase no programa de actividades deseñado dende o consistorio para homenaxear a figura do autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen este ano se adicou o Día das Letras Galegas.
Para poder asistir é preciso apuntarse dende hoxe ás 16.00 horas –ata esgotar prazas- de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal