Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CEIP A SOLAINA VISITARON ESTA MAÑÁ O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Marián Ferreiro respostou ás preguntas que lle formularon as nenas e nenos e entregoulles uns agasallos institucionais
Narón, 28 de maio de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse esta mañá no salón de plenos cunha vintena de alumnas e alumnos de sexto de Infantil do CEIP A Solaina. Os escolares interesáronse por coñecer máis polo miúdo a vida profesional e persoal de Ferreiro, preguntándolle diversas cuestións, como se lle gustaba o seu traballo, como o compaxina coa súa vida persoal, como se iniciou na vida política, cal foi a decisión máis complicada… e moitas outras cuestións que a alcaldesa respostou aos menores, acompañados por dúas docentes do centro. Na súa visita, enmarcada no Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de “Coñecemento do Concello”, visionaron o vídeo “Nara de Narón”, protagonizado pola abella “Nara” e no que coñecen parte da historia da cidade e dos seus edificios máis emblemáticos e puntos de interese nas diferentes parroquias. Os escolares fotografiáronse coa alcaldesa antes de marchar de novo ás aulas e tamén no photocall “Nara de Narón”. A abella Nara e un explorador acompáñanos durante a súa estancia no Concello nesta iniciativa que por primeiro ano se realiza de xeito teatralizado. Así mesmo, a rexedora local entregoulles como agasallo institucional unhas gorras e exemplares do libro “Narón pinta ben”, con oito láminas da cidade para que poidan colorear. As visitas continuarán o vindeiro día 31 deste mes con outro grupo de escolares do CEIP A Solaina.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal