Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA AUTONÓMICO "COIDADOS PORTA A PORTA" ESTARÁ OPERATIVO CATRO DÍAS DA VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
A unidade móbil ubicarase diante do novo centro de saúde e as persoas que desexen acudir terán que concertar cita previa, tal e como indicaron dende a Xunta
Narón, 24 de maio de 2022. A Xunta de Galicia informou ao Concello, a través da Consellería de Política Social de que o servizo do programa “Coidados porta a porta” chegará a vindeira semana á cidade, concretamente os días 30 e 31 de maio e o 1 e 2 de xuño. Trátase dunha proposta autonómica dirixida ás persoas maiores da cidade e a través da que se ofrecen unha serie de recursos de atención sen desprazarse do seu municipio, estando ubicado neste caso nas inmediacións do novo centro de saúde de Narón. Na unidade móbil que se desprazará á cidade realizaranse revisións e valoracións auditivas, prestaranse servizos de podoloxía e realizaranse tamén probas de valoración cognitiva e exercicios de estimulación para previr o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, tal e como se indicou dende a Xunta. O servizo estará operativo os catro días da vindeira semana en horario de mañá e tarde, ininterrompido, de 9.00 a 20.00. As persoas que o desexen pode solicitar cita previa ou máis información a través do número de teléfono 622 748 283 ou do mail: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal