Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACUDIU HOXE Á VIII FEIRA INTERNACIONAL DA INDUSTRIA NAVAL DE VIGO NA QUE PARTICIPAN SEIS EMPRESAS DA CIDADE
Marián Ferreiro estivo acompañada na visita do concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, con quen visitou os diferentes stands
Narón, 25 de maio de 2022. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, desprazáronse esta mañá a Vigo para asistir á oitava edición da Feira Internacional da Industria Naval de Vigo (Navalia), que se inaugurou onte e que rematará mañá no recinto feiral IFEVI de Vigo. Este encontro internacional do sector naval reúne a máis de medio milleiro de empresas dun centenar de países, entre as que figuran seis asentadas en polígonos industriais de Narón: Gabadi-Isonell, Camuyde, Grupo Fernández Jove, Detegasa, CT Ingenieros e Abance. Ferreiro asegurou que “é un orgullo estar aquí como representante do Concello de Narón, respaldando o traballo e a traxectoria de seis empresas da cidade que hoxe comparten espazo na Feira Internacional da Industria Naval con destacadas compañías do sector”. Ferreiro e Ramos visitaron os stands das compañías naronesas, donde conversaron cos seus responsables, e tamén do resto das presentes nesta edición de Navalia. A convocatoria supuxo unha excelente oportunidade para amosar o traballo que realizan estas empresas no ámbito da construción naval, ofrecendo ademais a oportunidade de establecer sinerxias con outras firmas e, ao tempo, de reactivar a economía. “O sector naval atravesa na nosa comarca uns tempos moi complicados, unha crise que vén de anos atrás e que precisa da implicación das administracións con competencias na materia para atraer novos investimentos que se traduzan en carga de traballo real”, subliñou a alcaldesa. Ferreiro recordou que “dende o Concello de Narón estamos aquí para felicitar ás empresas de Narón, neste caso do naval, que son as que xunto con outras firmas asentadas nos tres polígonos industriais da cidade fan posible que Narón continúe sendo a día de hoxe un referente e o motor industrial da comarca de Ferrolterra”. A alcaldesa da cidade agradeceu o convite ao evento e trasladou aos empresarios naroneses os seus parabéns polo seu labor, felicitación que fixo extensiva ás traballadoras e traballadores das citadas compañías.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal