Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
CONCELLOS DA COMARCA INICIAN UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PARA ESIXIR Á XUNTA MELLORAS NO TRANSPORTE INTERURBÁN
CONCELLOS DA COMARCA INICIAN UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PARA ESIXIR Á XUNTA MELLORAS NO TRANSPORTE INTERURBÁN
Os consistorios urxen que se atendan as reivindicacións realizadas polas usuarias e usuarios do servizo
Narón, 27 de maio de 2022. O Concello de Narón impulsa, xunto cos de Pontedeume, A Capela, As Pontes, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Monfero e Neda, unha campaña de recollida de sinaturas para esixir á Xunta de Galicia melloras no transporte interurbán. O escrito, tal e como indicou a edil de Transportes, Mar Gómez, diríxese á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e no mesmo úrxese unha solución aos problemas que acarrea este servizo na comarca.
Dende os consistorios laméntase o feito de que a Xunta “dende hai máis dun ano desoe e nega as innumerables queixas que se están a producir polo mal funcionamento do transporte interurbán”. Ante esta situación, as administracións decidiron iniciar unha campaña de recollida de sinaturas co fin de que sirvan como aval das reivindicacións que trasladan as usuarias e usuarios “e que seguen sen atenderse”. Entre esas queixas están a supresión de frecuencias, o incumprimento dos horarios ou a carencia de reforzos nas paradas con máis demanda.
A maiores, súmase o incumprimento e a supresión de rutas sen previo aviso, uns horarios que non cobren a demanda real da poboación e a carencia de frecuencias suficientes para a época estival, na que os concellos incrementan a súa poboación.
Co fin de que se solucione o problema os concellos afectados levan meses impulsando diferentes iniciativas, entre elas reunións entre eles e co delegado territorial da citada Consellería. A situación tamén se abordou no Parlamento de Galicia, donde se expuxeron os problemas que comezaron coa chegada da nova empresa adxudicataria do servizo.
Os concellos da comarca sinalaron o seu desacordo coas modificacións ao plan de transporte propostas pola Consellería por non solucionar a problemática do transporte na zona.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal