Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O TRÁMITE DE AUDIENCIA DAS CATRO NORMAS INCLUÍDAS NO PLAN NORMATIVO 2022 A TRAVÉS DA PLATAFORMA "NARÓN PARTICIPA"
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou á veciñanza a participar no procedemento, aberto ata o 13 de xuño
Narón, 27 de maio de 2022. Un total de catro normas xurídicas incluídas no Plan Normativo do Concello para este ano están actualmente na plataforma “Narón Participa”, para que as veciñas e veciños poidan plantexar as suxestións que consideren oportunas ao borrador elaborado para cada unha delas dende os servizos administrativos municipais. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que a través desta plataforma a cidadanía pode participar na planificación e elaboración da normativa municipal. Nesta ocasión, dende hoxe e ata o 13 de xuño poderanse presentar novamente suxestións e propostas ao Regulamento da Caixa Municipal de Garantías e Depósitos do Concello e ás modificacións da actual Ordenanza reguladora do Procedemento de Intervención administrativa na execución de obras e no exercicio de actividades e servizos do termo municipal; da ordenanza reguladora da Administración Electrónica do Concello; e da de Rotulación de vías urbanas, diseminadas e numeración de edificios do Concello. García animou á veciñanza a empregar a plataforma Narón Participa “para plantexarnos as cuestións que consideren oportunas, para coas aportacións de todos e todas os que o desexen, perfilar esas normas”. Os citados documentos están actualmente na fase de audiencia cunha nova recollida de propostas, tras rematar a fase de consulta previa á redacción das disposicións normativas citadas. Unha vez examinadas as suxestións que se presenten a través da plataforma “Narón Participa”–coa incorporación das aportacións veciñais de ser o caso- someteranse a aprobación inicial no pleno para a publicación no Boletín Oficial da Provincia, abríndose entón un prazo de 30 días para presentar alegacións, como paso previo a súa aprobación definitiva e posterior entrada en vigor. A través da dirección: www.naronparticipa.es accédese á citada plataforma municipal, así como dende a propia web do Concello –www.naron.es- ou do Portal de Transparencia municipal. Poden participar no proceso as persoas maiores de 16 anos empadroadas en Narón ou que acrediten a condición de interesados/as e tamén as organizacións e asociacións legalmente constituídas e potencialmente afectadas, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal