Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO OFRECERÁ INFORMACIÓN TURÍSTICA DA CIDADE NA XORNADA "PRIMAVERA NO CAMIÑO INGLÉS"
O CONCELLO OFRECERÁ INFORMACIÓN TURÍSTICA DA CIDADE NA XORNADA
A edil de Turismo, Natalia Hermida, avanzou que o evento se desenvolverá o vindeiro 4 de xuño no Concello de Oroso en horario de mañá e tarde
Narón, 27 de maio de 2022. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, anunciou que o Concello de Narón estará presente nunha nova xornada da campaña Primavera no Camiño Inglés impulsada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés en colaboración coa Deputación da Coruña. O evento terá lugar na Alameda de Góis, en Sigüeiro (Concello de Oroso), o vindeiro 4 de xuño, en horario de mañá e tarde, dende as 10.45 ata as 21.00 horas.
Hermida avanzou que o Concello contará cun stand informativo nesa localización, no que se ofrecerá información sobre a guía de turismo “Narón para os teus ollos”, as rutas turísticas de “Pena Molexa-Monte da Lagoa”, “Ruta dos muíños”, a do tramo do Camiño Inglés que discurre polo termo municipal, cunhas seiscentas prazas hoteleiras. A maiores, tamén se proxectarán no stand naronés vídeos promocionais da cidade.
Actividades gastronómicas, culturais, baile, música, obradoiros de balde para nenas e nenos, un mercado de artesanía, elaboración dun graffiti durante todo o día, presentación de eventos… forman parte do programa, cuxa inauguración institucional se fixou para as 12.30 horas. A programación estrutúrase en tres espazos: un institucional e de feira turística, outro lúdico e un terceiro gastronómico e de mercado artesanal, tal e como avanzaron dende a organización. A programación ao completo pode consultarse a través da web: www.caminoingles.gal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal