Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CELEBROU UNHA "XORNADA DE PEIXE E AOVE" NO MARCO DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL "MERGULLANDO NO LITORAL DE NARÓN"
O CONCELLO CELEBROU UNHA
O programa ten entre os seus obxectivos poñer en valor os produtos de proximidade, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 27 de maio de 2022. O Pazo Libunca acolleu esta tarde, dende as 19.00 horas, unha xornada sobre Peixe e Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE) organizada con cargo ao proxecto “Mergullando no litoral de Narón”, impulsado polo Concello. O edil de Promoción Económica, David Pita, destacou a convocatoria e agradeceu a participación na mesma de Irene Espert, fundadora da iniciativa Sentit, encamiñada a poñer en valor os produtos locais e dar a coñecer métodos de produción da industria agroalimentaria ao público en xeral a través de iniciativas como a desenvolvida hoxe. “A proposta concíbese como unha experiencia gastronómica e dirixiuse a unha vintena de persoas relacionadas co mundo da comunicación e da gastronomía”, indicou Pita.
Espert explicou aos asistentes os tipos de aceite de oliva que hai, as súas diferenzas, a súa produción, as marcas con Denominación de Orixe… para a continuación realizar unha cata na que poñer en práctica eses coñecementos. Así mesmo, ao final houbo unha cata de produtos pesqueiros maridados con diferentes variedades de aceite de oliva virxe extra, cun menú a base de centola da ría en salpicón de arbequina Pazo do Rego, ensalada templada de rape negro ao ouro de Quiroga, ameixas alma meiga á sartén e tataki de lubina salvaxe, mahonesa Pazo do Pegullal, algas e pó de mexilóns.
“Destacar a variedade e gran calidade dos produtos locais, neste caso aceites, peixe e marisco, e doutros representativos da cidade e doutros concellos da comarca é unha das finalidades desta experiencia gastronómica”, explicou Pita.
O programa “Mergullando no litoral de Narón”, organizado polo Concello conta coa colaboración do Grupo de Acción Local Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.





Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal