Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
En marcha o 1º Plano Municipal de Igualdade
Coincidindo có Dia da Muller Traballadora, a Concelleira delegada de Servizos Sociais, Manuela Pérez Sequeiros, na sua calidade de presidenta da Comisión Municipal da Muller, ven de anunciar a posta en marcha do Primeiro Plano de Igualdade do Concello de Narón. A iniciativa é froito da decidida intención de establecer un marco político municipal para encauzar todo tipo de actividades que teñan coma fin a igualdade de xénero. Trátase, sinalou Pérez, dun traballo a longo prazo que non fará máis que escomenzar ao longo de 2006 e que estará enfocado a duas grandes liñas de traballo inicial. Chus Olviares, unha das técnicas encargadas de traballar dende agora para o cumprimeto da iniciativa, engadiu que a primeira desas liñas será tratar de que o persoal municipal incorpore a perspectiva da igualdade de xénero no traballo cotiá, mentras que a segunda ten coma finalidade a craeción do Foro das Cidadás par que as mullers de Narón participen de xeito activo no desenvolvemento do Plano de Igualdade e sexan elas mesmas as que indiquen ao Concello de Narón en qué é prioritario traballar en cada momento. Tanto Pérez Sequeiros, coma Chus Olivares fixeron fincapé en que a este Foro das Cidadás están invitadas a participar a totalidad de mulleres de Narón. Xunto á presentación desta iniciativa, Manuela Pérez Sequeiros anunciou que a Comisión Municipal da Muller decidiu nomear Muller de Narón de 2006 a Concepción Laxe, "un recoñecemento que faise extensivo dende o Concello a todas as mulleres que dende a intimidade do fogar e dos seus oficios ou dende as isntitucións traballan para a sociedade na que viven e para levar a igualdade un pouco máis adiante cada día", sinalou a concelleira naronesa. Coma xa é tradicional, a Comisión da Muller convocou para o vindeiro venres 17 a Cea de Mulleres en conmemoración do Día da Muller Traballadora que terá lugar na Sala La Concha. O prezo do cuberto é nesta ocasión de 18€. A reserva de mesa pódese facer nas Asociacións Veciñais de Narón, na propia Sala La Concha ou no terceiro andar da Casa do Concello.
Descarga de archivos
I Plano Municipal de igualdade (resumo)
Tamaño:29,90 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal