Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A COOPERATIVA DE O VAL PROMOVEN A PRANTACIÓN DE PEMENTOS DO COUTO
Escolares do CRA de O Val prantaron máis de 100 sementes deste vexetal nos invernadoiros da Cooperativa.
Narón, 6 de Abril de 2010.- Un total de 70 alumnos/as de Educación Infantil e Primaria do Colexio Rural Agrupado (CRA) de O Val realizaron hoxe unha saída escolar ós invernadoiros da Cooperativa de O Val, co fin de levar á práctica unha lección sobre agricultura. Os encargados de ofrecer as explicacións foron os técnicos da Cooperativa de O Val, que amosaron ós nenos e nenas o proceso de cultivo deste vexetal dende que se pranta na terra ata que se recolle o seu froito. Acompañándolles estiveron tamén o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Promoción Económica, Angeles Díaz. Esta última apuntou que dende o Concello estanse a promover distintas accións para poñer en valor o pemento do Couto “ que xa ten recoñecida a IGP (Indicación Xeográfica Protexida) e agora queremos que o coñezan tamén ós máis novos da casa”. A edila valorou a importancia de achegarlles ós escolares as nocións básicas sobre o sector primario. Pola súa banda, o Alcalde de Narón explicou que resulta importante promover este tipo de accións entre a comunidade educativa, e de feito asegurou que “hoxe están aquí os rapaces do CRA de O Val, pero tamén queremos que veñan a coñecer o proceso de cultivo dos pementos o resto de colexios rurais agrupados de Narón, para que entendan cómo se chegan a conseguir”, declarou Jose Manuel Blanco.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal