Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NOS OBRADOIROS "CONÉCTATE Á REDE"
Os obradoiros diríxense a persoas maiores co fin de que coñezan todas as utilidades dos seus móbiles, tal e como indicou a edil de Benestar Social, Catalina García
Narón, 6 de xuño de 2022. A edil de Benestar Social, Catalina García, recordou que permanece aberto o prazo de inscrición nos obradoiros “Conéctate á rede”, con carácter de balde e dirixidos a persoas maiores da cidade. A actividade forma parte das convocadas a través do Programa Municipal de Envellecemento Activo e a súa finalidade é, tal e como apuntou García, “que aprendan a manexar as diferentes funcións dos teléfonos móbiles, o que lles será moi útil para relacionarse a través deles con familiares, amizades e mesmo coas administracións”. Nas sesións, que se imparten na zona urbana e rural, teñen unha duración de dúas horas ao día –20 en total- e nas mesmas explícanse temas como o xeito de utilizar os smartphones, como son, iconas da pantalla, gardar números na axenda, realizar fotos e vídeos, acceder a internet e configurar o correo electrónico, descargar e instalar aplicacións, aplicacións recomendadas para persoas maiores… Os obradoiros rematarán en novembro deste ano e desenvólvense en centros cívicos sociais e locais sociais, donde se poden presentar as solicitudes ata completar as prazas ofertadas e tamén solicitar máis información sobre os mesmos.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es