Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACUDIU Á PRESENTACIÓN DO NOVO CICLO MEDIO DUAL DE REDES E ESTACIÓNS DE TRATAMENTO DE AUGAS
Marián Ferreiro acudiu á convocatoria acompañada polo edil de Servizos, Ibán Santalla, e o xerente da empresa Cosma, José Manuel Marcote
Ferrol, a 6 de xuño de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá, ao CIFP Ferrolterra para asistir ao acto de presentación do novo Ciclo medio Dual de Redes e Estacións de Tratamento de Augas. A rexedora local acudiu acompañada polo edil de Servizos, Ibán Santalla, e o xerente da empresa mixta de augas de Narón (Cosma), José Manuel Marcote. O CIFP Ferrolterra impartirá a partir do vindeiro curso un novo ciclo de FP Dual de Tratamento de Augas, dirixido a unha docena de alumnados e que conta coa colaboración de cinco empresas do sector, entre elas Cosma, donde realizarán as súas prácticas durante dous cursos -en períiodos de seis meses por curso- dúas persoas. Trátase dunha formación que ata o momento só se impartía en Galicia nun centro de Santiago e que require da ESO ou FP básica para poder cursar eses estudos. Ferreiro destacou o feito de que "a presentación deste ciclo é unha moi boa nova para a comarca" e asegurou que "este ciclo representa unha oportunidade para a xente de Ferrolterra, que poderá optar a unha formación directa e centrada nas empresas nunha actividade, como é o ciclo integral da auga, que cada día adquire máis importancia". Así mesmo, indicou que "na actualidade é complicado atopar traballadoras e traballadores preparados nesta área, polo que é unha formación con proxección de futuro que sen dúbida representará unha gran oportunidade para o alumnado".

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal