Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INICIO DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DA RÚA RIO XUVIA
INICIO DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DA RÚA RIO XUVIA
Servirán para dar acceso ó tráfico rodado no entorno das Vivendas do Bispo
Narón, 7 de Abril 2010.- O Concello de Narón ven de iniciar a obra de pavimentación da rúa Rio Xuvia, por importe cercano ós 50.000 euros, co obxeto de abrir esta vía ó tráfico rodado, e conquerir así un acceso total dos vehículos ó entorno das Vivendas do Bispo, en A Gándara.

A actuación proxectada reviste certa complexidade debido a que esta rúa é colindante coa vía de RENFE ó seu paso pola Gándara, o que provocou certos retrasos nas obras debido ós trámites que o Concello tivo que facer para conseguir os permisos necesarios. Non obstante, os traballos están xa en marcha e consistirán no desbroce e desmonte do firme da calzada, instalación da canalización de pluviais, execución dun muro de contención, execución de beirarrúas, pavimentación da calzada, e a correspondente sinalización horizontal e vertical.

O vial sobre o que se actuará dispón de dúas manzanas que suman 70 metros de lonxitude, e se asegurará a circulación e ó mesmo tempo a separación dos peatóns e do tráfico coa vía de RENFE. A rúa se afirmará coa zahorra necesaria para conseguir a rasante, e se instalará unha nova beirarrúa de 1 metro de ancho no lateral das vivendas. A obra se completa coa colocación dunha barreira de protección, tanto de paso coma de ruído, de 2 metros de alto sobre o muro de contención.

Esta obra realízase agora que xa están rematadas as obras complementarias do ramal da autopista AP-9 co paso subterráneo de A Gándara, e se priorizará a seguridade dos peatóns e vehículos que circulen polo lugar.

O Concello tiña previsto tamén dar continuidade a este vial ata a súa saída ó Pazo da Cultura, aínda que esta actuación non depende da administración local senón dos constructores unha vez que desenvolvan urbanisticamente esta zona. Neste lugar tamén se mellorou o parque existente detrás das vivendas do Bispo, sustituíndo o mobiliario urbán, as especies arbóreas e os elementos de xogo infantil por outros en mellor estado.

Ademáis, o Concello ten solicitado ó Ministerio de Fomento o uso dunha parcela situada frente á rúa Bispo Argalla, co fin de convertila nun aparcadoiro público no que poderían estacionar entre 20 e 30 vehículos. Estase á espera de obter unha resposta.

Sobre as obras da rúa Rio Xuvia, o Alcalde de Narón declarou que se trata “dunha vella aspiración dos veciños da zona e tamén do Concello, que permitirá establecer un circuito de tráfico rodado ó redor das vivendas do Bispo, e mellorar o acceso para os peóns”. O rexedor engadiu que esta actuación inclúese “na política de mellora das urbanizacións dos diferentes barrios de Narón, que estamos levando a cabo dende o goberno municipal”, concluíu.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal