Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NA LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que nas instalacións se programan actividades para menores de 3 a 12 anos
Narón, 7 de xuño de 2022. A Ludoteca municipal de Narón abriu o prazo de inscrición neste servizo ata completar a totalidade das prazas dispoñibles, que se dirixen a menores de 3 a 12 anos e preferentemente empadroados en Narón. A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que durante o horario de verán, que está operativo ata o 7 de setembro (o mes de agosto as instalacións permanecen pechadas), é de luns a venres de 10.00 a 13.00 para actividades e obradoiros coas nenas e nenos. Entre as 13.00 e as 14.00 horas as persoas que o desexen poden acudir a solicitar información sobre a Ludoteca, ubicada no baixo do número 2 da rúa Cardenal Cisneros, na Solaina. En total ofértanse 24 prazas, das que doce son para menores de 3 a 6 anos e as doce restantes para os de 7 a 12 anos. As familias, tal e como indicou a edil naronesa, poden elixir libremente o horario, tendo opción de facelo os cinco días as tres horas que permanece operativa. Para solicitar máis información pódese acudir á Ludoteca e tamén chamar ao número de teléfono 981 389 284 ou escribir un correo electrónico á dirección: ludoteca@naron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal