Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DO VAL ACOLLERÁ ESTE DOMINGO O ESPECTÁCULO INFANTIL "A MIÑA LINGUA, A TÚA LINGUA"
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que se trata dunha proposta de balde recomendada para menores de 6 a 11 anos
Narón, 8 de xuño de 2022. O Centro Cívico Social do Val acollerá este domingo, día 12, o espectáculo “A teacher Lu”, de Oviravai, enmarcado na proposta "A miña lingua, a túa lingua". Trátase dunha actividade impulsada dende a Secretaria Xeral de Política Lingüísitca FalaRedes 2022 para a Rede de Dinamización Lingüística en colaboración co Concello de Narón, tal e como indicou a concelleira responsable do servizo, Mercedes Taibo. A cita diríxese a público familiar, estando recomendada para menores de 6 a 11 anos, e comezará ás 12.00 horas. Poderán asistir, de balde, todas as persoas que o desexen ata completar a capacidade da sala, non sendo precisa inscrición previa. O espectáculo xorde coa vontade de ofrecer ás familias un momento de lecer e aprendizaxe a través da música. Catro artistas cunha dilatada experiencia da compañía Oviravai cantarán e bailarán cancións incluídas no libro "A miña lingua, a túa lingua”, onde se aborda a importancia de aprender diferentes linguas dun xeito ameno e divertido, partindo do galego. As palabras, a risa e a música forman o universo deste espectáculo. A edil de Ensino e Bibliotecas animou ás veciñas e veciños de Narón a acudir a esta convocatoria.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal