Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SEGUNDA EDICIÓN DA "FEIRA DO MOTOR DE NARÓN" DESENVOLVERASE DO 17 AO 19 DE XUÑO NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, avanzou que se poderán ver máis de 200 vehículos de diferentes concesionarios
Narón, 9 de xuño de 2022. O estacionamento de camións do polígono de Río do Pozo acollerá por segundo ano consecutivo a “Feira do motor de Narón”. O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, anunciou esta mañá que o evento se desenvolverá do 17 ao 19 de xuño, incluídos, de 10.00 a 20.00 horas. A entrada será de balde e as persoas que se acheguen terán a oportunidade de ver unha exposición con máis de 200 vehículos. Galego indicou que participarán no evento un total de oito concesionarios da zona: Antamotor, AutoGándara, Corgal Automóviles, Grupo Breogán, Grupo Caeiro, Manuel Rey, Priorauto e Tesla. Así mesmo, estarán presentes para a modalidade de compra-venda Ártabra Autos e V.O. Ferrol. Na segunda edición da “Feira do Motor de Narón” haberá vehículos novos, quilómetro cero, de ocasión, de segunda man, industriais, motocicletas e autocaravanas, que nalgúns casos terán descontos promocionais. A inauguración da feira levarase a cabo na tarde da primeira xornada, o venres 17, nun acto no que participará o edil de Feiras e outros representantes da corporación local naronesa. A maiores, tamén se levarán a cabo unha serie de actividades paralelas que se concretarán a vindeira semana, segundo apuntou Galego. “Será unha feira moi completa, centrada nos automóviles pero á que este ano queremos dar un pequeno cambio coa incorporación doutras actividades que confiamos que sexan do agrado de todas as persoas que se acheguen a este evento”, apuntou o concelleiro naronés. A información relativa a este evento poderase consultar nas webs: www.naron.es e www.feiradomotordenaron.es. Dende o Concello animan á cidadanía a acudir a esta convocatoria, onde poderán ver unha gran variedade de vehículos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal