Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO SOBRE "AS ALGAS DIVERSIFICANDO O SECTOR PESQUEIRO"
A convocatoria terá lugar o 18 de xuño no local social de Piñeiros, tal e como avanzaron o edil de Promoción Económica, David Pita, e o representante do GALP Golfo Ártabro Norte, Javier Castro
Narón, 9 de xuño de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá xunto con Francisco Javier Castro, representante do GALP Golfo Ártabro Norte, o obradoiro “As algas diversificando o sector pesqueiro”. O curso, tal e como indicou, terá lugar o vindeiro sábado 18 de xuño ás 12.00 horas no Centro Cívico Social de Piñeiros. A iniciativa enmárcase no programa “Narón emprende en azul” e as persoas interesadas en acudir poden anotarse, de balde, a través do correo: me.mendez@naron.es. A convocatoria terá unha duración aproximada de dúas horas, un tempo no que os participantes presenciarán unha parte teórica na que se falará sobre as algas e os seus beneficios, a súa orixe, xeitos de extracción, tipos, características, bioloxía e usos. Na segunda parte abordarase a práctica, coa identificación de algas, donde se ofrecerá a oportunidade de velas, tocalas e probalas ao natural. A fundadora e directora xeral da empresa Algas La Patrona, Cristina García, será a encargada de impartir este curso. Pita e Castro convidaron ás veciñas e veciños interesados no mundo das algas a participar neste obradoiro, “no que terán a oportunidade de coñecer unha gran variedade de propiedades desta especie mariña e tamén de formular as cuestións que estimen oportunas á profesional que se encargará de impartilo”. A convocatoria enmárcase nas actividades realizadas con cargo ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a Xunta de Galicia e a Consellería do Mar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal