Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLE A ESTREA DA OBRA DE TEATRO INFANTIL 'FRANKENSTEIN'
A cargo da compañía Ghazafelhos, cuxos membros proceden da Escola de Teatro de Narón.
Narón, 8 de Abril de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e os fundadores da compañía teatral Ghazafelhos presentaron hoxe en rolda de prensa a obra de teatro infantil ‘Frankenstein’ que se representará o domingo 11 de abril no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, a partires das 18 horas. Trátase da estrea deste clásico da literatura e do cine, que foi adaptado para o público infantil e que será versionado polos tres membros de Ghazafelhos: Pepablo Patinho, Montse Piñón, e Jorge Casas. Estarán acompañados polo pianista Miguel Pita. As entradas poden comprarse nas taquillas do auditorio dende unha hora antes do comenzo da obra, ó prezo de 4 euros. O edil de Cultura recalcou que os fundadores de Ghazafelhos –compañía de teatro profesional nada en Narón no ano 2006- son antigos alumnos da Escola de Teatro de Narón, que foron capaces de fusionar as novas linguaxes teatrais coas inquedanzas por expoñer pequenas historias. Deste xeito, realizaron espectáculos de monicreques, animación e teatro, especializándose en público familiar. Guillermo Sánchez Fojo lembrou que esta compañía, dende a súa creación, ten posto a escena títulos como “Maos e pes”, “A música de Sabela”, “Contos de Lobo”, ou “A Queima da Bruxa”. Ghazafelhos soña con evocar nas súas historias as grandes xenialidades que entenderon o máis efémiro da nosa vida: a infancia. Así, adaptan ideas coma as de Michael Ende en ‘Momo’ ou Antoine Sain-Exupéry en ‘O Principiño’. O argumento central de ‘Frankenstein’ trata de reflexar as desigualdades que existen entre os seres humáns, cun fío conductor divertido e unha trama chea de misterio, para conducir ó espectador a unha reflexión sobre esta cuestión. A trama discurre nun castelo escuro perdido no medio das montañas de Polonia. Trala estrea da obra en Narón, Ghazafelhos realizará unha xira que os levará a outras cidades da comunidade galega.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal