Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL REITERA O SEU APOIO Á CONSTRUCIÓN DUN CENTRO RESIDENCIAL IMPULSADO POLA ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO
O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e os edís de Benestar Social, Catalina García, e Sanidade, Santiago Galego, visitaron as instalacións coa directiva do centro e o deputado socialista Pablo Arangüena
Narón, 10 de xuño de 2022. O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, desprazouse ás instalacións da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, na parroquia do Val, xunto cos edís de Benestar Social, Catalina García e Sanidade, Santiago Galego. Unha vez nas instalación, reunironse co deputado socialista Pablo Arangüena, e coa directiva da citada entidade local para realizar un percorrido polas instalacións e incidir na necesidade de acadar financiación autonómica para construír unha residencia para persoas con discapacidade intelectual. A necesidade do centro foi precisamente, tal e como recordou García, unha das reivindicacións realizadas nun Consello Territorial de Participación Cidadá. A xerente da entidade, Rocío Coira, recordou que o anteproxecto do centro residencial, cun importe de preto de catro millóns de euros, está rematado e que se podería ubicar nas inmediacións das actuais instalacións, en terreos propiedade da asociación, para ofrecer servizos a vinte e cinco persoas, evitando así ter que desprazarse a outros centros fóra da comarca, debido á ausencia de prazas vacantes na que está operativa en Ferrol. Os representantes municipais e o deputado socialista reiteraron o seu apoio á asociación Chamorro, da que destacaron o labor que realiza e comprometeron o seu apoio nas reivindicacións plantexadas, para o que realizarán os trámites necesarios para poder avanzar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal