Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RECIBIU O PREMIO AO MELLOR PROXECTO ESTABILIZADO POLO PROGRAMA "DO BERCE Á RÚA" NO CERTAME MIL PRIMAVERAS
A edil de Ensino e responsable do Servizo de Normalización Lingüística de Narón, Mercedes Taibo, e a técnica do SNL da cidade, Adela Pita, recolleron o premio este sábado en Pontevedra
Narón, 13 de xuño de 2022. O Concello recibiu o Premio ao Mellor Proxecto Estabilizado por “Do berce á rúa”, impulsado a través do Servizo de Normalización Lingüística de Narón. A edil de Ensino, Mercedes Taibo, e a técnica de Normalización Lingüística de Narón, Adela Pita, desprazáronse este sábado á igrexa do Convento de Santa Clara, en Pontevedra, para recoller a distinción. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convocou este ano a terceira edición destes premios, que teñen entre as súas finalidades “recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos”, tal e como indicaron dende o colectivo. O programa municipal “Do berce á rúa” é un espazo web lúdico educativo que ofrece ás familias numerosos recursos en galego dirixidos a menores de 0 a 6 anos. A través da web: https://naronengalego.gal/dinamizacion/#berce apóstase pola participación das familias á hora de incorporar o galego na comunicación dende o primeiro momento, co que se ofrecen xogos, contos, cancións… e outros recursos e consellos sobre a crianza. O portal tamén se dirixe a profesorado de Infantil e das escolas infantís. A edil de Ensino e responsable do Servizo de Normalización Lingüística agradeceron o premio do certame Mil Primaveras, destacando o feito de que “supón un gran incentivo para continuar traballando nesta liña”. Taibo subliñou ademais que “este é un recoñecemento ás familias que se implican neste programa, sen as que non sería posible acadar os obxectivos que nos plantexamos a través do mesmo”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal