Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ ESTE MÉRCORES A PRESENTACIÓN DO POEMARIO "TERRA E MAR", DO NARONÉS MANUEL CENDÁN
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, acudirá á presentación do libro xunto co autor, Manuel Cendán, ás 19.00 horas
Narón, 13 de xuño de 2022. A Biblioteca municipal acollerá este mércores, día 15, ás 19.00 horas, o acto de presentación do libro “Terra e mar”, do naronés Manuel Cendán. A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentará o acto, no que o autor falará sobre a publicación coas persoas que desexen acudir, estando aberto ao público en xeral ata completar o aforo da sala. “Terra e mar”, publicado pola editorial Balea, é o segundo libro de poesía de Manuel Cendán, con varios poemas de contido social e que tamén trata os temas do amor e o desamor. O autor colabora ademais en medios de prensa escrita como articulista e está vencellado aos movementos sociais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal