Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA O IX TROFEO DE BAILE DEPORTIVO 'CIDADE DE NARÓN'
O CONCELLO ORGANIZA O IX TROFEO DE BAILE DEPORTIVO 'CIDADE DE NARÓN'
Se celebra o domingo 11 de abril no Pavillón da Gándara, e inclúe o III Campionato Galego de Bailes Latinos.
Narón, 8 de Abril de 2010.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acollerá o domingo 11 de abril o IX Trofeo de Baile Deportivo ‘Cidade de Narón’ e o III Campionato Galego de Bailes Latinos, dende as 12:30 ata as 22:00 horas. O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e a Concelleira de Mocidade e Deportes, Natalia Hermida, presentaron hoxe o evento en rolda de prensa, acompañados pola responsable da Escola de Baile Tedaga –organizadora do evento-, Rosa Caneiro, e polo bailarín profesional e mestre de baile Román Romero.

Ata o momento, tense inscritas un total de 130 parellas de baile no campionato galego, puntuable para o ranking nacional. Os bailaríns proceden de toda Galicia, Cataluña e Madrid. Haberá seis categorías en función das idades dos participantes, que irán pasando as diferentes fases ata chegar ós cuartos de final (os disputarán entre 12 e 24 parellas), as semifinais (12 parellas) e a final (6 parellas).

Entre os participantes haberá numerosas parellas da Escola de Baile Tegada, que hoxe recibiu o recoñecemento público da edila de Mocidade e Deportes. “Queremos agradecerlles o traballo que están a facer todo o ano, con perto de 400 persoas de Narón e bisbarra. É un orgullo para o Concello poder contar con escolas como esta, que conecta de xeito especial coa xente nova e iso nos enorgullece”, declarou Natalia Hermida.

Os horarios do evento serán os seguintes:

-11:30 horas: apertura das taquillas do pavillón (prezo das entradas: 3€ para menores de 14 anos, e 6€ para maiores de 14)

-12:30 a 16:30 horas: Trofeo de baile deportivo ‘Cidade de Narón’
-16:30 a 20:30 horas: Campionato Galego de bailes latinos
-20:30 a 22:00 horas: Trofeo de baile deportivo ‘Cidade de Narón’



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal