Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERIA DE IGUALDADE PRESENTA A SÚA PÁXINA WEB
A CONCELLERIA DE IGUALDADE PRESENTA A SÚA PÁXINA WEB
www.igualdade.naron.es ofrece información e recursos ás mulleres do municipio.
Narón, 12 de Abril de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, presentaron hoxe en rolda de prensa o portal web desta concellería, que está disponible na rede no seguinte enderezo: www.igualdade.naron.es

Trátase dunha plataforma pensada para recoller tódalas iniciativas vinculadas coa igualdade, e que leva por título “Narón é Igualdade”. Neste espazo recóllense diferentes temas coma a participación cidadá, a saúde, a conciliación e corresponsabilidade, a coeducación, a non violencia contra as mulleres, e a atención á diversidade.

Tamén se aporta información para estar ó día sobre os dereitos e obrigas en canto a igualdade, ofrecendo a posibilidade de descargar documentación coma o Plan de Igualdade para as mulleres de Narón, a Guía de Coeducación, ou a Guía práctica para as mulleres que sufren violencia de xénero.

Pero esta nova web municipal tamén quere convertirse nun elemento de comunicación máis entre o Concello e a sociedade, mediante formularios para facer suxerencia e propostas, e unha sección de novas que se actualizará a diario. Ademáis, contén información sobre os servizos de asesoramento xurídico, social, psicolóxico e laboral que se ofrecen dende o Concello.

Outros tres apartados destacados do portal de igualdade son o relativos ó Foro de Cidadás (con información das actividades promovidas no mesmo), o de Facianas (recolle unha mostra das mulleres que forman parte da historia de Narón, coma a recentemente elexida Muller do Ano 2010, Amalia Fraguela) e o de Asociacións que loiten pola igualdade entre homes e mulleres.

A Concelleira de Igualdade explicou que con esta web “quérese ofrecer á cidadanía un instrumento de comunicación e información rápido e eficaz, para o cal tivemos en conta conceptos coma a usabilidade e amigabilidade desta páxina, ademáis da súa adaptación a persoas con discapacidade visual”, dixo. Pola súa banda, o Alcalde de Narón engadíu que o Concello intenta en tódolos ámbitos municipais “tanto no educativo coma no social e no laboral, loitar contra a desigualdade entre homes e mulleres, e para erradicar a violencia de xénero”, concluíu.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal