Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS FORMACIÓNS LENDA ÁRTABRA E TREIXADURA AMENIZARÁN A CHURRASCADA E SARDIÑADA ORGANIZADAS NA PARROQUIA DE SAN XIAO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e José Franco, membro da entidade veciñal de San Xiao, presentaron a convocatoria, que se levará a cabo o 25 de xuño
Narón, 18 de xuño de 2022. O entorno do Centro Cívico Social de San Xiao acollerá o vindeiro 25 de xuño unha serie de actos con motivo da festividade do San Xoán organizada dende o Concello, a través do Padroado da Cultura, e a AVV “Ceibe” San Xiao. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e José Franco, membro da citada entidade veciñal, presentaron os actos que se levarán a cabo durante a xornada. As persoas que se acheguen á zona poderán desfrutar a partir das 18.00 horas dunha sesión de xogos populares, interxeracionais, para que participen persoas de todas as idades. O apartado gastronómico dará comezo ás 21.00 horas, cunha sardiñada e churrascada populares organizadas dende a AVV “Ceibe” de San Xiao. O prezo do churrasco será de 10 euros para os socios e socias da entidade e de 12 para o resto e o das sardiñas dun euro por dúas unidades, en ambos casos con viño, pan e café. José Franco anunciou que a vindeira semana, concretamente o martes, mércores e xoves, poderanse adquirir os tickets no local social de San Xiao, en horario de 18.30 a 20.30 e que, tal e como explicou, tamén se poderán adquirir o mesmo día 25 dende as 17.00 ata as 20.00 horas na zona do campo da festa de San Xiao. A través do Padroado da Cultura organizáronse os dous concertos que se programaron para a ocasión, a partir das 21.30, con música popular a cargo das formacións Lenda Ártabra e Treixadura. A alcaldesa felicitou á Asociación de Veciños “Ceibe” de San Xiao polo traballo que realizan ao longo do ano e, en particular nesta ocasión, para manter esta cita gastronómica e musical na parroquia. Xunto co presidente da entidade, Ferreiro animou ás veciñas e veciños a acudir a esta celebración, para desfrutar dunha tarde de xogos, cun apartado gastronómico e musical pola noite.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal