Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA OS TICKETS PARA A SARDIÑADA E CHURRASCADA ORGANIZADAS NA PARROQUIA DE SAN XIAO
A cita gastronómica, que inclúe un apartado musical con dúas actuacións programadas dende o Padroado da Cultura, será o 25 de xuño
Narón, 21 de xuño de 2022. A entidade veciñal “Ceibe” de San Xiao, porá esta tarde á venda os tickets para poder asistir á sardiñada e churrascada populares organizadas no entorno do Centro Cívico Social da parroquia para o vindeiro sábado, día 25. O prezo do churrasco será de 10 euros para os socios e socias da entidade e de 12 para o resto e o das sardiñas dun euro por dúas unidades, en ambos casos con viño, pan e café. Esta tarde, mañá e o xoves, poderanse adquirir os tickets no local social de San Xiao, en horario de 18.30 a 20.30 e tamén se poderán adquirir o mesmo día 25 dende as 17.00 ata as 20.00 horas na zona do campo da festa de San Xiao. O Concello colabora coa celebración a través do Padroado da Cultura, cun programa que inclúe a partir das 18.00 horas unha sesión de xogos populares dirixidos a persoas de todas as idades. Así mesmo, haberá dous concertos a partir das 21.30, con música popular a cargo das formacións Lenda Ártabra e Treixadura. O apartado gastronómico da convocatoria dará comezo ás 21.00 horas, tal e como indicaron dende a organización.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal