Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONVOCADO O I CONCURSO DE REDACCIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2010
CONVOCADO O I CONCURSO DE REDACCIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2010
Aberto a escolares de Primaria, ESO e maiores de 16 anos. A participación se realizará a través de Internet.
Narón, 12 de abril de 2010.- O Concello de Narón acaba de convocar o I Concurso de Redacción “Día das Letras Galegas 2010” con motivo da conmemoración desta data (dedicada este ano a Uxío Novoneyra) e do Día de Internet, que se celebran o día 17 de maio. Na presentación deste premio participaron hoxe a Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, xa que ambas delegacións son as promotoras do concurso.

Os obxectivos deste concurso son a promoción do uso escrito da lingua galega, o fomento desta empregando as novas tecnoloxías e afondar na vida e obra de Uxío Novoneyra. Para iso, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (dependente da Concellería de Cultura, e creado grazas a un convenio de colaboración asinado coa Deputación da Coruña, e financiado tamén pola FEGAMP) encargarase da organización deste premio.

Poderá participar o alumnado de Educación Primaria e Secundaria e as persoas maiores de 16 anos. Os únicos requisitos para facelo son presentar os traballos de redacción en galego e que estes non fosen publicados nin premiados noutros concursos. Os traballos enviaranse a través de Internet a partir de hoxe e ata o 30 de abril. Para participar é necesario cubrir un formulario existente na web municipal (www.naron.es) e achegar a redacción como arquivo adxunto.

As cartas serán colgadas neste sitio web, e haberá tres premios por cada categoría. Establécense as seguintes:

Educación Primaria*
-1º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )
-2º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )
-3º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )


Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) *
-1º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )
-2º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )

*Os premios de Primaria e ESO serán recibidos en forma de vale, que poderá ser trocado por material escolar ou informático.

Adultos (a partir dos 16 anos e que non estean cursando a ESO)
1º premio: 100€ / 2º premio: 75€ / 3º premio: 50€)

O nome dos gañadores publicarase na web do Concello o día 10 de maio. Para máis información, pódese consultar esta páxina ou chamar ó Servizo de Normalización Lingüística do Concello (981 33 77 00 –extensión 1516)



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal