Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL, A DA GÁNDARA E A LUDOTECA DA SOLAINA ABRIRÁN AS SÚAS PORTAS CO HORARIO DE VERÁN A PARTIR DE MAÑÁ
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que o novo horario estará operativo ata o vindeiro 7 de setembro
Narón, 22 de xuño de 2022. A Biblioteca municipal de Narón comezará a funcionar co horario de verán a partir de mañá e ata o 7 de setembro. As instalacións da sala de adultos/as abrirán as súas portas durante as mañás dos martes, mércores, xoves e venres de 9.00 a 14.00 horas e as tardes dos luns e mércores de 18.00 a 21.00, tal e como apuntou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo. No caso da sala infantil e a bebeteca, abrirán as mañás de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas e as tardes dos luns e mércores de 18.00 a 19.00 horas. Así mesmo, a edil indicou que os servizos de atención ao público que se prestan nas citadas instalacións –préstamos, devolucións, consultas, altas de socios, renovación de carnés, etc.- e a sala de informática deixarán de estar operativos quince minutos antes da hora de peche da Biblioteca, pechando ás 13.45 e ás 20.45 horas. Taibo recordou que para realizar devolucións fóra dese horario pódese usar a caixa que se atopa na porta principal da sala de adultos/as. No caso da Biblioteca da Gándara, ubicada na Casa da Mocidade, o horario de apertura dende mañá ata o 7 de setembro será os luns de 10.30 a 13.30 e o mércores e xoves de 18.00 a 21.00 horas, tal e como indicou. Así mesmo, na Ludoteca municipal da Solaina, con todas as prazas cubertas, o horario de verán será de 10.00 a 13.00 horas tamén a partir de mañá. Neste último caso, as persoas interesadas en contactar por se houbese vacantes poden contactar co centro chamando ao número de teléfono 981 389 284.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es