Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE 70 MENORES PARTICIPAN DENDE HOXE NA PRIMEIRA QUENDA DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DO PADROADO DA CULTURA
O Concello oferta un total de 330 prazas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral
Narón, 4 de xullo de 2022. A primeira das quendas dos Campamentos de Verán organizados dende o Padroado da Cultura comezou hoxe no Pazo da Cultura. Un total de setenta rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos participarán durante esta primeira quincena nas diferentes propostas deseñadas en función das súas idades e que se desenvolven en horario de mañá, dende as 9.00 ata as 14.00 horas de luns a venres, con servizo de madrugadores de 8.00 a 9.00. “Dende o Padroado da Cultura ofertamos un total de 210 prazas para facilitar a conciliación ás familias, preferentemente de Narón, para que durante os meses de xullo e agosto poidan deixar ás nenas e nenos durante a mañá realizando unha serie de actividades lúdicas e tamén de carácter didáctico, compartindo un tempo de lecer e aprendizaxe”, explicou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. Este ano, como novidade, establecéronse quendas quincenais, polo que os menores que comezaron esta mañá rematarán a o vindeiro 15 de xullo. A semana seguinte, o día 18, comezará a segunda quenda, que se alongará ata o 29 de xullo e a última terá lugar do 1 ao 12 de agosto. Os grupos establecidos por idades son de 3 a 5 anos, de 6 a 9 e de 10 a 12 anos. A Cultura tradicional, instrumentos, baile moderno e de salón, proxeccións de cine e algunhas excursións pola zona forman parte das propostas nas que participarán os menores durante os vindeiros días. “Aproveitando as instalacións municipais e parte do traballo que aquí se desenvolve ao longo do ano, estes campamentos representan unha gran oportunidade para que algúns dos participantes coñezan tamén o labor dalgunhas das Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura”, apuntou Ferreiro. A rexedora local recordou que tamén a pasada semana, o día 27, se iniciaron no CEIP da Gándara as Colonias de Verán organizadas dende o Concello para un centenar de menores. É outra das propostas de conciliación impulsadas dende a administración local para menores de 3 a 12 anos e que rematará neste caso o 2 de setembro, en quendas semanais. Así mesmo, o vindeiro 11 de xullo –e ata o 16- comezará o Summer Camp Narón, para menores da cidade nados entre 2005 e 2009 e que se desenvolverá en horario de mañá na Casa da Mocidade, na Gándara. “En total este ano habilitamos 330 prazas para fomentar a conciliación da vida familiar e laboral en espazos da cidade, con propostas moi variadas para que as familias poidan elixir”, destacou Ferreiro.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es